¡¡Benvido ou benvida!!


Neste espazo atoparás textos do teu interese e sobre os que poderás reflexionar e discutir.
Ademáis, poderás atopar suxerencias sobre as novas exposicións e actos culturais da cidade, recomendacións bibliográficas así como pelis.
Non dubides en intervir e comentar o que queiras sobre as entradas ou sobre calquera lectura, exposición, visionado de película ou documental que viras e que te chamara a atención tanto positiva como negativamente.
¡¡¡Todas as suxerencias serán benvidas!!!

lunes, 5 de abril de 2010

Cómo facer un comentario dun texto histórico

Este ano aínda vos librades, pero o ano que ven deberedes familiarizarvos co comentario de texto histórico. Para facer un bo comentario de texto non hay receitas milagreiras, pero si algunhas indicacións que deberedes ter en conta e que se vos acostumades a seguilas vos farán mais sinxelo o traballo e vos darán uns mellores resultados. En Internet podedes atopar multitude de guias para facelos máis abaixo podedes descargar dous.


Fai click no link de aquí abaixo para descargarte un pdf con unha explicacion sobre como facelo:

1 comentario:

  1. Como parece que vos interesa o tema (e alégrome moito) encargareime na clase de darvos ainda máis directrices sobre como podedes facer un bo comentario de texto. Agora quedádevos con estas indicacións:

    1. Emprega o subraiado con moderación. A excesiva profusión de líneas resta claridade e entorpece o traballo. Pódese comezar subraiando nunha primeira lectura so aquelas palabras principais para, en lecturas sucesivas, amplialo.

    2. Utiliza varias cores ou símbolos que te axuden a desenvolver ideas noutra folla e vinculalas co texto. Tamén pode resultar bo graduar as cores por importancia, de modo que sexa máis sinxelo separar o esencial do accesorio.

    3. Realiza as anotacións á marxe que sexan necesarias. Son moi útiles para facer chamadas aclaratorias e breves comentarios que axudarán á redacción do comentario. Podes utilizar como ferramenta chaves, liñas, frechas, asteriscos, etc. que te axuden a ordenalas ou delimitalas.

    4. Se organizado/a. A desorde escurece a claridade das ideas e pode ser agobiante cando debas poñerte a redactar.

    5. Non te limites no comentario a dicir o mesmo que di o texto, ainda que sexa con outras palabras. Un bo comentario é aquel que relaciona o que está explícito no texto co que non o está, así como o que relaciona as ideas explícitas ou implícitas do mesmo con outros coñecementos que, aínda que alleos, responden a un mismo esquema, idea, causa, etc. Habrás de fundamentar tesis, extraer conclusións, etc.

    6. Non expreses puntos de vista personais sobre a temática do texto. A tua misión non é facer xuicios de valor. Noutras palabras, o texto non debe levarte a expresar unha opinión favorable ou desfavorable. Non se debe entrar en valoracións persoais.

    ResponderEliminar