¡¡Benvido ou benvida!!


Neste espazo atoparás textos do teu interese e sobre os que poderás reflexionar e discutir.
Ademáis, poderás atopar suxerencias sobre as novas exposicións e actos culturais da cidade, recomendacións bibliográficas así como pelis.
Non dubides en intervir e comentar o que queiras sobre as entradas ou sobre calquera lectura, exposición, visionado de película ou documental que viras e que te chamara a atención tanto positiva como negativamente.
¡¡¡Todas as suxerencias serán benvidas!!!

lunes, 12 de abril de 2010

Cuestións a resolver

Aquí vos poño as cuestións. Xa vos dixen que podedes respostar como queirades, ben en forma de comentario todo seguido, ou ben, pregunta a pregunta.
1. No fío argumental do capítulo, qué relación atopas coa Lei seca dos EEUU aprobada no 1919?
2. Relaciona as personaxes ou grupos principais do capítulo cos actores sociais que tomaron parte na Lei Seca. Razoa a súa relación.
3. Observas algunha representación ou connotación negativa dos sectores inmigrantes? Razoa a túa resposta. Pódense relacionar dalgún modo coa concepción dos inmigrantes que se difundiu nos EEUU dos anos 20?
Valorarase os contidos, así como a argumentación e o desenrolo do traballo. Se consultades algunha páxina ou algún libro referencialo. Se o facedes a ordenador, mo podedes enviar o meu correo (hectorlagoalmeida@gmail.com). Non vos esquezades de por o nome!!

Xa sabedes, se tedes algunha dúbida ou dificultade comentádeo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario