¡¡Benvido ou benvida!!


Neste espazo atoparás textos do teu interese e sobre os que poderás reflexionar e discutir.
Ademáis, poderás atopar suxerencias sobre as novas exposicións e actos culturais da cidade, recomendacións bibliográficas así como pelis.
Non dubides en intervir e comentar o que queiras sobre as entradas ou sobre calquera lectura, exposición, visionado de película ou documental que viras e que te chamara a atención tanto positiva como negativamente.
¡¡¡Todas as suxerencias serán benvidas!!!

miércoles, 21 de abril de 2010

Film: La Ola

Aquí vos deixo unha recomendación de cara a fin de semana. Trátase dun filme alemán baseado nunha historia real ocorrida en California a finais dos anos '60. A conto do tema dos totalitarismos, un profesor decidiu facer un experimento cos seus alumnos: instituiu un réxime de extrema disciplina na sua clase.

Título: Die Welle (La Ola)
Director: Dennis Gansel
Ano: 2008
Duración: 110'
Web oficial: http://www.welle.info

Dedicaremos un tempo o luns na clase para falar do filme. Xa me contaredes!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario